RELACIÓN COS PRESCRIPTORES-LIGNUM FACILE

Dentro do Clúster hai un gran número de empresas que canalizan a súa operación comercial principalmente a través de prescriptores: arquitectos, interioristas, decoradores, deseñadores, promotores, etc.

O obxectivo deste programa é poñer en marcha iniciativas que contribúan a establecer un achegamento entre o colectivo de prescriptores e o sector industrial que fomente o intercambio de coñecemento, non só de produtos e solucións construtivas, senón tamén de tendencias e necesidades do mercado.

Para iso organízanse unha serie de xornadas de innovación nas que se expoñen as últimas tendencias e solucións construtivas en madeira. Paralelamente, o Clúster organiza encontros profesionais presenciais entre axentes prescriptores e empresas do Clúster para xerar negocio, así como pequenas sesións de diálogo entre empresas, prescriptores e deseñadores para que os prescriptores poidan coñecer de primeira man os novos produtos que se dispoñibles.no mercado e propoñer novas alternativas segundo as novas tendencias ou gustos do cliente final.

O obxectivo deste programa é reforzar unha rede de colaboración estable entre o sector industrial, o sistema de innovación, o ámbito institucional e o colectivo de prescriptores.

Modify cookies