PERSOAS

Este programa ten como obxectivo a adaptación das competencias profesionais dos xestores e operadores das empresas do sector da madeira que forman parte do Clúster.

Para iso, o Clúster ofrece a formación que detecta necesaria, que pode ser transversal ou para un elo concreto da cadea.

O segundo nivel consiste na formación clásica de xestión, a través de profesores profesionais do ámbito das Escolas de Negocios de referencia. Os contidos de cada pílula formativa están deseñados en función das necesidades que nos transmiten as empresas do Clúster interesadas.

Ademais, o Clúster prevé iniciar unha actuación para facilitar a incorporación de profesionais do sector da madeira ás empresas asociadas ao CMD, mediante unha bolsa de emprego.

Así mesmo, estase a traballar coa Fundación Laboral da Construción, o Consorcio de Santiago de Compostela e o CIS-Madeira para impulsar itinerarios formativos dos traballadores do sector da madeira.

Modify cookies