O CMA axuda aos directivos das empresas a desenvolver as habilidades necesarias para a dirección das organizacións adaptadas aos novos tempos


– A formación, organizada en colaboración coa Escola de Negocios A Fundación e cofinanciada polo Igape, pretende axudar a aplicar as habilidades e destrezas a diferentes perspectivas do traballo directivo

– O curso desenvolverase os días 25 de xuño, o 3, 9 e 17 de xullo, no Hotel Los Abetos, de Santiago de Compostela

O Cluster da Madeira de Galicia organiza, en colaboración co Escola de Negocios Afundación, o curso de «Desenvolvemento de destrezas persoais e habilidades directivas» que terá lugar os días 25 de xuño, 3, 9 e 17 de xullo, no Hotel Los Abetos, de Santiago de Compostela. A formación, cofinanciada polo Igape, ten como principal obxectivo desenvolver as destrezas e habilidades necesarias para a dirección das organizacións do noso tempo. A finalidade é axudar aos xerentes, directivos e mandos das empresas, a complementar os seus coñecementos coas necesarias competencias transversais que calquer cargo de responsabilidade require.

Os profesores encargados de impartir as diferentes sesións son Fernando Bringas, Carmen Blanco Teijeiro e Pablo López Gutiérrez.

DESCARGAR O PROGRAMA DO CURSO

DESCARGAR BOLETÍN DE INSCRICIÓN


Recursos

Modificar cookies