MÁIS DESEÑO

As empresas do Clúster da Madeira e Deseño de Galicia coñecen a importancia de poñer en marcha estratexias de diferenciación, onde o produto/servizo achegue un valor engadido, a un prezo competitivo.

Desde hai anos sabemos que investir en deseño, entendido como un proceso global, non só como deseño de produto, proporciona vantaxes competitivas que nos permiten diferenciarnos da competencia.

A diferenciación de prezos é unha estratexia a curto prazo na que coñecemos o resultado de antemán.

Dende o Clúster axudamos ás empresas a identificar novos nichos de mercado, compatibles coas súas capacidades, e a través do deseño iniciamos un proceso de xeración de catálogos que lles permita entrar e posicionarse.

Para iso, artellamos unha comisión de Deseño dende o Clúster que impulsa e anima ás empresas a orientarse con este novo enfoque.

O obxectivo é desenvolver un plan de promoción do deseño para o desenvolvemento de novos produtos que permitan á empresa entrar en novos nichos de mercado.

Modify cookies