• A facturación conxunta da cadea de valor forestal-madeira en Galicia no ano 2023 foi de 2.438 millóns de euros. Isto supón un descenso do 10% respecto ao valor alcanzado en 2022 que foi máximo da serie desde 2006.
• Desta cifra, 970 millónes de euros correspoden á fabricación de taboleiro e pasta de papel; 365 millóns de euros corresponden ao serrado; os rematantes venderon madeira por valor de 423 millóns de euros; a segunda transformación de madeira, facturou 605 millóns de euros, mentres que a facturación correspondente á biomasa supuxo 73 millóns de euros.
• O sector está composto por 3.000 empresas que se distribúen por toda a xeografía galega, xerando riqueza, sobre todo, en contornas pouco industrializadas. En máis dunha veintena de comarcas, esta industria está entre os tres primeiros sectores industriais por emprego xerado.
• A cadea de valor forestal-madeira representa o 12% do emprego industrial de Galicia, poñéndose de manifesto a contribución económica e laboral deste sector. Boa parte deste, dáse en comarcas con natureza rural donde supón un das poucas actividades industrializadas.
• As curtas de madeira rondaron os 10 millóns de metros cúbicos en 2023.
• En 2023 o sector exportou por valor de 2.396 millóns de euros.
• A cadea forestal-madeira de Galicia supón o 1,7% do PIB de Galicia.
A INDUSTRIA DA MADEIRA EN GALICIA
• Galicia é a novena potencia forestal europea, liderando o sector a nivel nacional.
• O 50% da madeira que se corta en España procede da montaña galega.
• A industria da madeira galega representa preto do 1,7% do PIB da comunidade (datos do IGE).
• O sector representa preto do 12% do emprego industrial en Galicia.
• Galicia conta cunha industria pioneira no desenvolvemento de produtos a nivel nacional e internacional.
• Este liderado esténdese ao moble e a carpintaría onde Galicia conta con empresas que son referentes en deseño e innovación.
A INDUSTRIA DA MADEIRA ACADA A SÚA MELLOR FACTURACIÓN EN 2021 DESDE QUE HAI RÉCORDS
• En 2023, a facturación conxunta da cadea de valor forestal-madeira en Galicia ascendeu a máis de 2.400 millóns de euros. • Na comunidade córtanse anualmente ao redor de 10 millóns de metros cúbicos de madeira distribuídas nunhas 45.000 hectáreas cada ano, que corresponden a 85.000 referencias catastrais. • A riqueza do bosque galego está cifrado en preto de 43.000 millóns de euros. Desta cifra, 16.523 millóns, o 38% corresponden ás masas de eucalipto; 8.733 millón, o 20%, ás coníferas; mentres que 17.729 millóns, o 42%,ás frondosas. | • Segundo as cifras do número de afiliacións á Seguridade Social, a cadea do sector forestal e da madeira representou a ocupación media de máis de 19.000 persoas. • O sector representa preto do 12% do emprego industrial en Galicia. Gran parte disto ocorre en rexións de carácter rural onde é unha das poucas actividades industriais. |