CADEA DE MADEIRA

O CMD traballa en colaboración co resto de asociacións do sector da madeira, co obxectivo de posicionar ao sector como o gran aliado para avanzar cara un futuro sostible.

Preténdese poñer en valor o sector madeireiro en Galicia e no rural galego, para iso é necesario defender as actividades e servizos de calidade que axuden a establecer poboación para manter viva e activa unha zona rural.

É necesario ter un espazo rural produtivo e sostible como garantía de respecto ao medio ambiente para manter un Patrimonio Natural que é motivo de orgullo para os galegos.

Con campañas de concienciación co obxectivo da bioeconomía circular é deseñar produtos que poidan ser reparados, remodelados, reciclados e reutilizados, reducindo o uso de materias primas e a xeración de residuos.

A bioeconomía propón desenvolver unha nova xeración de produtos e servizos de base biolóxica, máis biodegradables, cunha menor pegada de carbono e mellor adaptados aos fluxos da economía circular. A bioeconomía circular é, polo tanto, un novo paradigma económico capaz de compatibilizar o desenvolvemento económico coa protección do medio ambiente.

Modify cookies