ANUARIO DE ESTADÍSTICA FORESTAL DEL AÑO 2019

A Xunta de Galicia publica o Anuario de Estatística Forestal do ano 2019. Trátase dunha radiografía detallada, ao longo de 120 páxinas, do sector forestal galego editada pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural.

Esta publicación é unha ferramenta fundamental para apoiar a toma de decisións en materia de ordenación, fomento e promoción do monte galego, tanto por parte da Administración forestal como do propio sector, xa que desenvolve e actualiza, de modo sistemático, os seus principais indicadores.

Desta forma, actualízase o Anuario do 2018, incorporando ao tempo un conxunto de nova información, entre a que destaca a posibilidade de establecer series comparativas entre os datos de 2018 e 2019 en múltiples táboas. Así, no que atinxe aos aproveitamentos madeireiros inclúe, por exemplo, datos desagregados de volume segundo o estado da madeira (queimada, seca ou verde) para os dous exercicios.

Por outra banda, a estatística relaciona de forma detallada as cifras das rescisións de convenios e consorcios ao longo do ano 2019. Incorpora, así mesmo, datos actualizados e series históricas das comunicacións de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, aplicables a montes ou parcelas forestais de superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo para unha mesma propiedade.

Do mesmo xeito, a publicación presenta os primeiros datos, correspondentes ao 2018, do número de axentes galegos (tipo 1 e 2) e volumes declarados (toneladas) en materia de legalidade na comercialización de madeira e produtos da madeira (Regulamento EUTR). A maiores, o anuario relaciona tamén superficies de aproveitamento forestal e ratios de medias dos expedientes de corta.

O Anuario de Estatística Forestal 2019 (versión web, odf e tábias en formato editable) pódese conultar no seguinte enlace.

Modificar cookies