Programa Especializado en Liderado e Dirección de Persoas


O CMD, en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal, XERA, e o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresas, IESIDE, oferta o Programa Especializado en Liderado e Dirección de Persoas para empresas do sector da madeira coa finalidade de axudar aos directivos á hora de comunicarse co seu equipo, clientes e proveedores, poñendo á súa disposición as ferramentas de comunicación necesarias e, así, optimizar o aproveitamento das competencias do seu equipo.

O programa ten unha duración de 48 horas que corresponden a 6 módulos de 8 horas de duración de cada un. O curso impartirase, de xeito presencial, nas instalacións de IESIDE, A Coruña.

ESTRUTURA E CONTIDOS

  • Coñecer aos colaboradores e optimizar o seu rendemento
  • Liderar persoas e equipos
  • Optimizar o noso tempo de traballo
  • Xestionar os conflitos
  • Desenvolver a intelixencia emocional
  • Comunicarse cos demairs e obter resultados positivos


Resources

Modify cookies