O CMD organiza un Taller de Formación de Mellora Continua


O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza os próximos días 18 de outubro e 8 de novembro, no Gran Hotel los Abetos, de Santiago de Compostela, o Taller de Formación de Mellora Continua, financiado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA). Para a súa elaboración, contan co apoio da Enxeñería de Organización Team&Time, cunha ampla experiencia na formación e implantación desta metodoloxía nalgunhas empresas socias do CMD, así como noutras empresas de recoñecido prestixio. O horario do taller será de 9:30 a 19:00 horas, contando cun almorzo para o intercambio de experiencias e sinerxias.



O obxectivo que se persegue con esta acción é fomentar a mellora continua nas organizacións, a través da adquisición de habilidades e a comprensión de técnicas e ferramentas que permitan a súa posterior implantación.

 

Os resultados esperados con este Taller de Formación son:

  • Aplicación inmediata de coñecementos na propia empresa
  • Mellora da produtividade
  • Cero investimento na implantación de melloras
  • Redución de custos
  • Procesos eficaces e eficientes
  • Intercambio de problemáticas e experiencias co resto de participantes


Recursos

Modificar cookies