O CMD organiza un seminario para saber como afrontar o relevo na empresa familiar


O próximo 13 de novembro, no Gran Hotel los Abetos, o CMD celebrará un seminario para saber como afrontar o relevo na empresa familiar. Impartido por José Vales e José Antonio Madriñán, asesores senior de Vales Asociados, o curso abordará os riscos da supervivencia da empresa familia e como afrontalos; os aspectos fiscais para a planificación da sucesión e transmisión de empresas; os instrumentos xurídicos para plafniciar a sucesión e transmisión de empresas; e contará cun caso práctico grupal sobre sucesión na empresa familiar.



FORMACIÓN IMPARTIDA POR ASESORES SENIOR DE VALES ASOCIADOS

JOSÉ VALES-SOCIO DIRECTOR

  • Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña
  • Profesor mercantil, auditor de contas, avogado e asesor fiscal, membro da Asociación Española de Asesores Fiscais e profesor en diferentes Másters e Postgrados de índole tributaria e financeira

JOSÉ ANTONIO MADRIÑÁN

  • Licenciado en Dereito e diplomatura en ciencias empresariais pola Universidade Pontificia de Comillas (ICADE, E-1)
  • Inspector de Facenda do Estado coa dobre especialidade: Financeira e Tributaria e Aduanas e Impostos Especiais. Actualmente de excedencia voluntaria
  • Avogado e asesor fiscal. Profesor en diversos Másters e Postgrados relacionados co Dereito Tributario
  • Colaborador de revistas especializadas e prensa escrita con artigos relativos a materias de ámbito tributario

O seminario está organizado coa colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal.

Resources

Modify cookies