O CMD oferta un Programa Especializado en Ferramentas de Marketing para a Peme coa finalidade de mellorar a competitividade das empresas


O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, coa colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal, XERA, e do Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa, IESIDE, oferta, para as empresas do sector forestal, o Programa Especializado en Ferramentas de Marketing Dixital para a Peme coa finalidade de axudar ás empresas a aproveitar as oportunidades que ofrece o entorno dixital. A través deste programa búscase aportar ás empresas e aos seus directivos os conceptos e ferramentas que lles permitan optimizar a súa relación co entorno, especialmente cos clientes actuais e potenciais da entidade.

O programa ten unha duración de 42,5 horas que corresponden a 5 módulos de 7,5 horas de duración cada un e una sesión final de 5 horas. O curso, debido á situación excepcional que estamos a vivir, conta con sesións presenciais e sesións online.

A data límite de inscrición é o luns, 28 de outubro.

Recursos

Modificar cookies