Faladorios CMD sobre madeira con Arrokabe Arquitectos

Laura Rodriguez González,


O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, un ciclo de Faladoiros con recoñecidos arquitectos no emprego da madeira en construción e rehabilitación, coa finalidade de compartir experiencias sobre os retos aos que se enfronta a profesión ante o crecente  interese pola construción en madeira. 

Emulando ás antigas tertulias que se celebraban en Compostela e que reunían aos grandes intelectuais da época, estes faladoiros buscan fomentar un espazo de diálogo e aprendizaxe mutuo, onde compartir diferentes perspectivas e opinións dos profesionais do sector.

Con esta filosofía, o xoves, 13 de xuño, ás 19:00 horas, Óscar Andrés e Iván Andrés, Arrokabe Arquitectos, compartirán as solucións empregadas e os retos que superaron en diferentes intervencións onde a madeira ten un protagonismo destacado.

Trala intervención, abrirase un diálogo entre todos os asistentes no que poder compartir, dunha maneira coloquial e cercana, cuestións de interese na construción en madeira como a necesidade de formación, as novas tendencias en madeira, retos aos que se enfronta a arquitectura ou a descarbonización dos edificios, entre outros. Non existe máis pretensión que compartir un momento de distensión entre profesionais coas mesmas inquedanzas.

XOVES, 13 DE XUÑO

19:00 A 20:30 horas

CASA DO TABERNEIRO (Rúa de San Pedro, 15, Santiago de Compostela)

AFORO LIMITADO

(Cómpre inscribirse para reservar praza, posto que o espazo limítase a 40 prazas). INSCRICIÓN


Modify cookies