A Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia) promove unha iniciativa para identificar casos de éxito do deseño en Galicia


No marco do proxecto europeo Design4Innovation, no que o CMD colabora, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través dos Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia) promove unha iniciativa destinada a identificar casos de éxito do deseño en Galicia, coa finalidade de visibilizar e promocionar o potencial galego neste ámbito.

Con esta iniciativa, perséguense dous obxectivos claros:

  • Identificar os dous mellores proxectos industrializados por empresas galegas e presentalos, con cobertura de gastos de aloxamento e desprazamento, na exposición de deseño europeo a celebrar como parte da próxima reunión do proxecto Design4innovation. (Abril 2018 en Valetta, Capital Europea da Cultura 2018)
  • Editar unha publicación que recompile todos aqueles casos que reúnan as características solicitadas e que axude a difundir as mellores prácticas do deseño galego, demostrando que o deseño pode ser chave para conseguir obxectivos específicos da empresa, tan pragmáticos como alcanzar certas cuotas de mercado, abrir mercados novos, diversificar a oferta de produtos, conseguir que unha innovación tecnolóxica sexa asimilada facilmente polo usuario

Para máis información, picar na imaxe



Modificar cookies