V Curso de Formación en Construcción Industrializada e Eficiente en CLT

Laura Rodriguez González,


O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia e a Fundación Laboral da Construción de Galicia organizan, coa axuda da Axencia Galega da Industria Forestal de Galicia, da Xunta de Galicia, a quinta edición do Curso de Formación en Construción Industrailizada e Eficiente en CLT. Os obxectivos deste curso é capacitar a operarios do sector da madeira e a construción en xestión, planificación, fabricación e montaxe de estruturas de madeira baseadas en CLT con illantes térmicos que permitan a consecución de construcións e eficientes de consumo enerxético case nulo.

Esta formación está dirixida a profesionais da construción, técnicos, construtores e promotores, que desexen incorporar  á súa oferta, as novas tecnoloxías construtivas en madeira.

O curso divídese en dúas partes: parte teórica e práctica, celebrándose, de maneira presencial, nas instalacións da Fundación Laboral da Construción, de Santiago de Compostela. 

O número de prazas limítase a 18 e a data límite de inscrición remata o xoves, 5 de setembro.

A formación conta co  patrocinio de Finsa, Xilonor, Maderas Rubén, Maderas Besteiro, Maderas Hermanos Castro, Molduras del Noroeste e Rothoblaas.

CONSULTAR PROGRAMA COMPLETO

INSCRICIÓNS

Modify cookies