O Cluster da Madeira en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), e a petición dalgunhas empresas asociadas, deseña e promove un Curso de Técnicas de Estatística Básica de Análise de Datos.
O obxectivo do curso é dotar aos asistentes de ferramentas básicas que lle permitan abordar os procesos de análise de datos, Big Data, series temporais, incidencias, etc.
Ao igual que para iniciar a apertura dun novo mercado é necesario coñecer o idioma do país obxectivo, tamén para levar a cabo procesos de análise Big Data xurde a necesidade de manexar unha serie de principios básicos.
Este curso ten unha duración de 15 horas que se impartirá os días 6, 13, 16 e 22 de Novembro na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
Para poder apuntarse é necesario enviar o boletín de inscrición a info@clustermadeira.com, antes do 5 de Novembro.