O CMD colabora no webinar «Dixitalización e Marketing, como poden impulsar a miña empresa?», organizado polo Igape


  • A cita será o vindeiro 6 de novembro, ás 12:00 horas, e cómpre inscrición para participar

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia colabora co Igape no Webinar, Dixitalización e Marketing, como poden impulsar a miña empresa?, que organiza o Igape no marco dunha nova convocatoria do programa Re-acciona. Terá lugar o vindeiro 6 de novembro, ás 12:00 horas.

O programa Re-acciona ten como finalidade mellorar a competitividade das empresas galegas. Ademais, os asistentes virtuais poderán resolver as súas dúbidas con preguntas a través dun chat.


PROGRAMA


12:30 horas.- Benvida

Ricardo González, xerente do CMD

Representante de AMTEGA

12:45 horas.- A dixitalización como vantaxe competitiva e redución de custos. Servizo Definición dunha estratexia dixital da empresa. Susana Santamarina, de Valora Consultores

12:55 horas.- Atraer, captar, vender e fidelizar aos teus clientes. Servizo Deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme. Javier Varela, de Toc Toc Marketing.

13:15 horas.- Preguntas


Recursos

Modificar cookies