O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica, o 27 de maio, ás 18:00 horas, na Casa do Taberneiro, un novo Faladoiro, nesta ocasión centrado no Contract e en todas as posibilidades que ofrece. Para iso, contaremos con Iván Cotado, deseñador de referencia, quen compartirá algúns dos seus traballos máis destacados para, despois, abrir o debate sobre os retos e oportunidades aos que se enfronta esta canle.
O Contract é un pilar fundamental en Galicia, non só polo seu impacto económico, senón pola súa capacidade de transformar espazos e xerar experiencias a través do deseño. O deseño non só é unha ferramenta estética, senón que é un valor estratéxico que impulsa a funcionalidade, a identidade e a sustentabilidade, respondendo ás demandas dun mercado cada vez máis esixente.
Para continuar crecendo, cómpre compartir e aliñar as visións dos profesionais. Este encontro busca ser un punto de partida para intercambiar experiencias reais, detectar tendencias emerxentes e debater solucións prácticas para os teus próximos proxectos.
Desde o CMD, cremos que o diálogo entre profesionais é clave para fortalecer esta comunidade e avanzar con paso firme cara o futuro. Xuntos podemos construír unha visión máis sólida e cohesionada para o sector Contract en Galicia. O sector móvese, úneste á conversa?
As prazas son limitads. INSCRÍBETE