Faladoiros CMD sobre madeira... con Abalo Alonso Arquitectos

Laura Rodriguez González,


O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, un novo Faladoiro sobre madeira, co gallo de compartir experiencias sobre os retos aos que se enfronta a profesión ante o crecente interese pola construción en madeira.

Estes Faladoiros tratan de emular ás antigas tertulias que se celebraban en Compostela, fomentando un espazo de diálogo e aprendizaxe mutuo, onde compartir diferentes perspectivas e opinións dos profesionais do sector.

Con este obxectivo, o mércores, 9 de outubro, ás 18:00 horas, Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, Abalo Alonso Arquitectos, compartirán as solucións empregadas e os retos que superaron en diferentes intervencións onde a madeira ten un protagonismo destacado.

Trala intervención, abrirase un diálogo entre todos os asistentes no que poder compartir, dunha maneira coloquial e cercana, cuestións de interese na construción en madeira como a necesidade de formación, as novas tendencias en madeira, retos aos que se enfronta a arquitectura, etc. A finalidade destes encontros é compartir un momento de distensión entre profeisonais coas mesmas inquedanzas.

MÉRCORES, 9 DE OUTUBRO

18:00 a 20:00 horas

CASA DO TABERNEIRO (Rüa de San Pedro, 15, Santiago de Compostela)

AFORO LIMITADO

(Cómpre inscribirse para reservar praza, posto que o espazo é limitado)

INSCRICIÓN


Modificar cookies