El CMD únese á iniciativa Compra do Noso, para impulsar o consumo de produtos e servizos galegos


Asociacións empresariais galegas impulsan esta iniciativa co obxectivo de facer país e reactivar a economía

Trátase dun proxecto aberto ao que se poden sumar as institucións e organizacións empresarias de Galicia

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia únese, xunto ao empresariado galego para crear un selo que favoreza o consumo de produtos e servizos galegos. “Compra do Noso” é  unha proposta aberta a toda a sociedade, organizacións empresariais e institucións para reactivar a economía. A iniciativa, que se presentou en rolda de prensa online e na que participou o presidente do CMD, José Manuel Iglesias, e o xerente do CMD, Ricardo González, conta polo momento co apoio de 18 entidades empresariais galegas (confederacións de empresarios, cámaras, clusters e asociacións).



En palabras dos promotores “a pandemia que nos últimos meses asolagou á nosa sociedade, levándose miles de vidas dos nosos concidadáns, ameaza agora con levarse por diante a unha parte da nosa economía baseada nas pequenas e medianas empresas que sustentan o emprego do noso país”.

Baixo o lema “Compra do noso”, o Cluster quere comezar un camiño no que toda a sociedade sexa capaz de camiñar xunta cara o obxectivo común de salvar o tecido industrial e comercial galego. Consideran que apostar polo consumo local “é o mellor xeito de facer país, de reactivar a economía e de potenciar o emprego”.


Os impulsores do proxecto puxeron de manifesto que o seu obxectivo é que esta marca sexa patrimonio da sociedade galega e, especialmente, de todas as organizacións empresariais empresas e particulares, estendéndoa especialmente ás institucións, desde os concellos ata a propia Xunta de Galicia.



Trátase dunha iniciativa totalmente aberta que aspira a contar co máximo apoio social posible.

Variantes da marca

A marca pódese a adaptar a cada tipo de servizo ou produto con diferentes variantes (Le do noso, Viste do noso…) encargándose o Cluster de adaptar a marca de balde a todas as súas variantes.

Organizacións adheridas

Modify cookies