Curso Tratamento Preventivo da Madeira. Nivel TP8 Aplicadores.

Laura Rodriguez González,


Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, coa axuda da Axencia Galega da Industria Forestal, organiza o Curso de Tratamento Preventivo da Madeira, nivel TP8 Aplicadores, que ten por obxectivo obter a capacitación profesional necesaria para realizar tratamentos con biocidas TP8, que non estén clasificados como moi tóxicos, nin que sexan ou xeren gases, segundo o R.D. 830/2010, de 25 de xuño.

A formación, que vai dirixida a profesionais que traballan no sector do serradoiro e construción con madeira, será presencial e terá unha duración de 25 horas, que se distribuirán en tres sesións :dúas de 10 horas e unha sesión, de 5 horas. A data límite de inscrición é o 8 novembro.

CONTIDOS QUE SE ABORDARÁN

  • A madeira como materia prima renovable
  • Axentes deteriorantes de orixe biótica e abiótica
  • Categorías do uso da madeira segundo a ubicación 
  • Sistemas do tratamento preventivo e curativo da madeira
  • Fumigación da madeira
  • Produtos químicos protectores da madeira 
  • Produtos comerciais. Formulacións básicas
  • Toxicoloxía dos protectores da madeira e riscos para o home. Toxicidade, peligrosidade e risco
  • Riscos para a Saúde pública. Medidas preventivas e xestión dos riscos
  • Seguridade e prevención de riscos laborais no uso de protectores da madeira
  • Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios en caso de intoxicación. Equipos de protección individual
  • Os protectores da madeira e o medio ambiente. Residuos. Eliminación de envases. Medidas de prevención da contaminación. Normativa
  • Exercicios

DATAS, HORARIOS E LUGAR

13 e 14 de novembro, de 08:30 a 13:30 horas e de 15:00 a 20:00 horas

15 de novembro, de 08:30 a 13:30 horas

Lugar de celebración: Edifcio Feuga (Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Santiago de Compostela

Imparte a formación: David Lorenzo Fouz

CONSULTAR PROGRAMA

INSCRICIÓNS

Modificar cookies