A USC organiza o curso Paisaxes en Produción, en Allariz, no marco do programa Universidade de verán


A USC celebrará entre o 11 e o 14 de xullo o curso de verán, dentro do programa Universidade de verán, Paisaxes en Produción na vila ourensá de Allariz. O curso ten por obxectivo crear estratexias para a dinamización do rural e plantéxase como un seminario práctico e multidisciplinar. Ao curso están invitados profesores recoñecidos como María Goula ou Ricard Pié no ámbito da Paisaxe; Albert Cuchí, no ámbito da sostenibilidade; ou Sir David Chipperfield, para explicar o seu recente traballo de estudo territorial na ría de Arousa, entre outros.

O curso plantexa imaxinar estratexias de activación da economía local centradas na xestión dos recursos ambientais, a administración da dispoñibilidade das terras, a dinamización do patrimonio arqueolóxico, a reflexión sobre novas morfoloxías e a organización dos fluxos de auga e enerxía no medio. As diferentes temáticas quedan relacionadas na percepción da Paisaxe que xeran e que as acolle, capaz de articular e poñer en valor os bens ecolóxicos, produtivos e culturais do lugar. Deseñar unha estratexia de activación da economía local centrada na posta en produción do territorio, con especial atención á súa percepción como paisaxe.

O prazo da matrícula remata o próximo 29 de xuño.

Consultar o programa


Recursos

Modificar cookies