O CMA organiza un taller de mellora do desempeño comercial para axudar a mellorar os resultados comerciais das empresas


– A formación, cofinanzada polo Igape, realízase en colaboración coa Escola de Negocios Afundación

– A cita terá lugar os próximos días 4, 11, 12 e 19 de xuño, no Hotel Los Abetos (Santiago de Compostela)

O Cluster da Madeira de Galicia (CMA) organiza os próximos días 4, 11, 12 e 19 de xuño un taller de mellora do desempeño comercial co obxectivo de contribuír a mellorar os resultados comerciais e, por tanto, económicos das empresas, a través dunha mellora da eficiencia comercial da súa actividade. Esta formación, cofinanciada polo Igape e en colaboración coa Escola de Negocios Afundación, realizarase no Hotel Los Abetos, de Santiago de Compostela.

No transcurso do curso, os asistentes poderán desenvolver e aprender a empregar técnicas e ferramentas concretas para realizar un diagnóstico claro da situación súa situación no mercado; aprender a definir un plan de acción comercial claro e coherente; comprender e asumir a importancia da propia figura como vendedor; coñecer as claves para optimziar os seus recursos como vendedores a través da planificación da propia actividade comercial; coñecer en profundidade as fases do proceso de venta e os puntos críticos de dito proceso; e desenvolver as habilidades dos asistentes comprendendo o proceso de negociación e as habilidades necesarias nese proceso.

O curso será impartido por Jesús Negreira del Río, Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Dirección Comercial e Marketing pola Escola de Negocios A Fundación. Delegado de Ventas e Product Manager de Novartis Nutrition. Profesor de Dirección Comercial e Maerketing e Director do Máster en Dirección Comercial e Marketing da Escola de Negocios de A Fundación.

DESCARGAR O PROGRAMA

DESCARGAR O BOLETÍN DE INSCRICIÓN


Resources

Modify cookies