O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza as VI Xornadas de Rehabilitación, MáisMadeira


O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, grazas á colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal e o Instituto Galego de Promoción Económica, as VI Xornadas de Rehabilitación, MáisMadeira. Debido á situación excepcional que estamos a vivir, a edición deste ano celebrarase de maneira online, a través da plataforma Zoom (enviaraze link ás persoas inscritas).

O obxectivo destas Xornadas é poñer en común os retos aos que se enfronta a rehabilitación en madeira e coñecer as particularidades que presenta este material a través das experiencias de recoñecidos profesionais neste eido. Abrirase unha mesa de diálogo entre os relatores que será moderada pola secretaria do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Elvira Carregado.



Resources

Modify cookies