Curso de formación de instaladores de estruturas de clt con la colaboración de xera


O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, coa colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal, XERA, oferta o Curso de Formación de Instaladores de Estruturas de Madeira Contralaminada para traballadores en activo do sector da construción con experiencia previa como operarios de obra, preferentemente en montaxe doutros sistemas estruturais de madeira.

O obxectivo deste curso é formar na xestión e montaxe de obras de CLT, de xeito que os alumnos sexan capaces de interpretar a documentación técnica do proxecto, planificar a súa execución dispoñendo dos materiais, ferramentas e medios auxiliares necesarios, así como as medidas de protección de saúde necesarias para acometer a súa montaxe, coñecendo os detalles construtivos necesarios para acometelos con éxito na obra.


A formación ten un marcado carácter práctico, buscando a excelencia das estruturas resultando un produto final de calidade e garantías dunha montaxe acorde ás especificacións do proxecto.

Impartirase de xeito presencial, en catro sesións: os días 8, 9 e 10 de novembro, nas instalacións da Fundación Laboral da Construción, en Santiago de Compostela; e a xornada do 11 de novembro, desenvolverase nas instalacións de Xilonor, en Coirós.

O curso pecharase coas 12 primeiras inscricións, admitidas segundo rigorosa orde de inscrición. A data límite de inscrición é o próximo mércores, 6 de outubro. CONSULTAR PROGRAMA INSCRICIÓN

Modify cookies