CONECTADO

O Clúster da Madeira eo Deseño de Galicia goza dunha magnífica relación institucional con todas as Administracións Públicas autonómicas. A nivel nacional e internacional, o grao de relación e influencia non é tan significativo, por factores xeográficos e de proximidade.

O obxectivo é establecer novas alianzas estratéxicas con outros sectores de actividade que reforcen a figura do Clúster e estimulen a xeración de negocio das súas empresas asociadas. Sectores como a sanidade, o granito, o aluminio ou a construción son perfectamente compatibles coa nosa actividade e establecer contactos dará lugar a novas oportunidades de colaboración.

A nivel institucional, o achegamento a outras organizacións complementarias ao Clúster (AITIM, AEIMP, etc.) é positivo para o establecemento de posibles plans de acción compartidos.

Modify cookies