O Clúster da Madeira eo Deseño de Galicia adquiriu durante os últimos vinte anos unha posición clave na economía e na sociedade galega. Para manter e reforzar o noso papel, redefinimos un Plan de Comunicación e MKT dirixido a públicos clave: clientes, prescriptores, institucións, colectivos profesionais, opinión pública. Sen descoidar os públicos da contorna: Empresas do Clúster, empresas e asociacións do sector, outros Clústeres, entidades europeas. E por suposto, aos públicos instrumentais que son os medios cos que interactuamos diariamente.
Este Plan permite establecer unha canle de comunicación eficiente e eficaz entre o Clúster e todos os citados públicos.
Por outra banda, tamén se utiliza para promocionar e potenciar os produtos das empresas do Clúster a través das diferentes ferramentas de comunicación e MKT que desenvolvemos, sendo especialmente activos no uso dos RRSS.