O CMD celebra o curso sobre Tecnoloxía do Aserrado da Madeira, con éxito de convocatoria


O Cluster da Madeira e o o Deseño de Galicia está a levar a cabo unha serie de cursos, confinanciados pola Axencia Galega da Industria Forestal, co obxectivo de colaborar na formación técnica do persoal que desenvolve a súa actividade na industria forestal de 1ª transformación, proporcionando os coñecementos técnicos básicos tanto dende un punto de vista teórico como práctico en cada un dos procesos produtivos.




Hoxe densenvolvemos o primeiro dos cursos, Tecnoloxía do Aserrado da Madeira, impartido por David Lorenzo Fouz, Enxeñeiro Superior de Montes, consultor especializado en industrias da madeira, membro de AENT/TC56-CEN/TC 28 e profesor asociado da Escola de Enxeñería Forestal, da Universidade de Vigo.

As empresas que se formaron neste curso son: Otero Transformación Maderera, Forestal Díaz Casariego, Hermanos García Rocha, Serrerías Rodríguez, Aserraderos Mosquera, Maderas Montero, persoal da Universidade de Vigo e profesionais autónomos, entre outros.

O curso contou cunha parte teórica e unha práctica desenvolvida nas instalacións do serradoiro Hermanos García Rocha.

Outros cursos a desenvolver

Ademais do curso impartido hoxe, o CMD ten activos outra serie de cursos que se celebrarán nas próximas datas e que podedes consultar, pinchando na imaxe.


Modificar cookies