O CMD participa nunha das Mesas de Diálogo sobre automatización e dixitalización no contexto COVID-19


O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, a través do seu xerente, Ricardo González, participa, o 30 de setembro, ás 16:30 horas, nunha das cinco mesas de diálogo que organizan o Igape e a USC para analizar o impacto da automatización e a dixitalización nos diferentes sectores económicos de Galicia, nun contexto no que están a cobrar aínda máis relevancia debido ás consecuencias provocadas pola pandemia da COVID-19.

O obxectivo do encontro, no que tamén participan o xerente do Cluster do Granito de Galicia, José Ángel Lorenzo, e o xerente do Cluster da Pizarra de Galicia, Severino González, é expoñer a situación destes procesos a día de hoxe no ramo de actividade de cada un dos sectores dos participantes, para contribuír así a un mellor diagnóstico dos seus impactos e poder achegar propostas que axuden a afrontar os retos existentes e emerxentes.

A mesa de diálogo será moderada por un representante do Igape e da USC.

A sesión poderase seguir AQUÍ


Modificar cookies