O CMD organiza as X Xornadas de Arquitectura e Deseño


– O CMD organiza o próximo 8 de novembro, no edificio Cinc, da Cidade da Cultura, as X Xornadas de Arquitectura e Deseño

– Pretende ser un encontro para a reflexión, o intercambio e a xeración de novas ideas

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza o próximo 8 de novembro, no edificio Cinc, da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, as X XORNADAS DE ARQUITECTURA E DESEÑO, en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal, XERA. O deseño ten unha influencia decisiva no desenvolvemento de produtos, servizos e contornas mellor adaptados ás necesidades e preferencias dos usuarios.

Trátase dun encontro para a reflexión, o intercambio e a xeración de ideas.



O programa conta coas intervencións do estudio de Arquitectura, MRM Arquitectos, co deseñador de interiores, Iván Cotado, e co estudio de deseño de produto, Imaisdé Design Studio. Tras estas intervencións, desenvolverase unha mesa redonda entre os relatores e unha representación de empresas do sector da madeira, para debater sobre a importancia estratéxica que ten que o deseño, a arquitectura e a industria camiñen cara unha mesma dirección. Esta mesa redonda estará moderada polo arquitecto, Luis Gil Pita.
Na xornada de tarde, celebraremos un coloquio entre todos os participantes para dialogar sobre as inquedanzas de todos os axentes que conforman o sector, co gallo de poder compartir sinerxias, coñecementos e posibles colaboracións. O arquitecto José Ángel Carreira Montes será o encargado de dinamizar esta charla que será un
diálogo de ti a ti.
Por cuestións loxísticas é fundamental inscribirse. O prazo remata o vindeiro 5 de novembro.

https://youtu.be/k4q-MV-0Fl0

Recursos

Modificar cookies