O CMA organiza un taller de diagnóstico e mellora financiera para Pemes


O Cluster da Madeira de Galicia (CMA) organizará os próximos días 25, 28, 29 e 30 de outubro un taller de diagnóstico e mellora financiera para Pemes, dirixido aos seus asociados. A cita será no Hotel Los Abetos, de Santiago de Compostela, en horario de 9:00 a 14:30 horas e 16:00 a 18:30 horas. Os encargados de impartir esta formación son os profesores Fernando Macías Valdueza e Manuel Somoza de la Fuente.

Este taller busca alcanzar os seguintes obxectivos:

– Proporcionar aos asistentes unha visión adecuada das causas da súa actual situación financiera, axudándolles a facer un diagnóstico da mesma

– Achegar aos responsables de finanzas das pemes galegas algunhas técnicas e ferramentas xa empregadas polas grandes empresas tanto no ámbito da planificación como no da xestión financiera

– Dar coherencia ás decisións financieras que se deban tomar coa súa actual situación e as estratexias que se pretenden implantar

– Determinar as necesidades financieras das empresas asistentes e repasar as principais opcións financieras actualmente ao seu alcance

– Orientar sobre as principais pautas a considerar na xestión diaria do fondo de maniobra

– Axudar aos asistentes a preparar e enfocar axeitadamente a negociación coas entidades financieras nunha situación como a actual de restricción do crédito


Recursos

Modificar cookies