Manifesto de posta en valor do noso: Compra do Noso. Súmate



Compra do Noso trata de potenciar os nosos servizos, as nosas industrias, o turismo e os comercios de proximidade para preservar o mantemento de miles de postos de traballos e garantir un futuro próspero para a nosa comunidade. Por iso, queremos compartir este manifesto que promove un consumo responsable por parte da nosa comunidade porque:


  • Cando consumimos o local estamos a axudar á sustentabilidade económica, social e ambiental
  • Economicamente, porque as empresas locais pagan os impostos na comunidade axudando a financiar as infraestruturas e os servizos públicos
  • Socialmente, porque as nosas empresas xeran emprego local, axudan á contratación de miles de persoas
  • Ambientalmente, porque apostan pola calidade e o servizo e aforran emisións de CO2 no transporte
  • As nosas empresas axudan a manter os oficios tradicionais
  • O noso produto e o comercio local aposta por poñer en valor a calidade e aposta polo deseño
  • As nosas empresas, o noso comercio, o noso turismo e a nosa industria ofrecen calidade, proximidade e atención personalizada
  • O comercio de Galicia comprométese a facer as mellores prácticas, os mellores estándares para garantir a todos os consumidores que se acheguen, a súa seguridade
  • As institucións deben ser o escaparate das capacidades galegas. Estamos nun lugar periférico con complexo de inferioridade… debemos valorar o noso, ás nosas empresas, tal e cómo o fan fóra de Galicia
  • Apostar polo consumo local é o mellor xeito de facer país, de reactivar a economía e de potenciar o emprego
  • A maneira de avanzar, de superar esta crise, de recuperar a economía das nosas cidades, da nosa comunidade, é comprar do noso
  • Axuda á túa comunidade, consumindo produtos locais, consumindo no comercio local

 

ORGANIZACIÓNS ADHERIDAS

Modificar cookies