#euescollomadeira… e ti?


Acompáñanos dende o berce, dende os primeiros pasos e os primeiros xogos, na nosa casa, mentres cociñamos, cando comemos ou descansamos… está presente no noso día a día, cando saímos á rúa, cando traballamos, durante os momentos de lecer… gozamos con ela… ela é inesgotable e renovable, ela ama á natureza, coida do medio ambiente e conéctanos coa vida… xa sabes quen é?

#euescollomadeira



O arquitecto Iván Andrés Quintela, de Arrokabe Arquitectos, escolle madeira porque lle permite resolver, por eficacia, eficiencia e liberdade de deseño, o maior número de partes dunha edificación.


O deseñador Lois Guillán, de Cucuducho, escolle madeira porque «medra con nós e nos agasalla emocións e non entende de obsolescencia programada e é capaz de irmandar artesanía e industria».»




O arquitecto Óscar Andrés Quintela, de Arrokabe Arquitectos, escolle madeira porque «tendo en conta a escala que traballamos é o material que nos permite ter un maior control do proceso construtivo dende o proxecto á posta en obra».



VÍDEO FINAL

#euescollomadeira… e ti?



Modificar cookies