8 novembro 2018
O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza unhas Xornadas de Divulgación do Aserrado Móbil en colaboración co IES de Ortigueira, a Escola de Enxeñería Forestal da UVIGO, o CIFP A Xunqueira de Pontevedra, a Escola de Capataces Forestais de Lourizán, Logosol e a Mancomunidade de Montes de Pontevedra.
2 novembro 2018
O CMD estivo a traballar xunto coa Fundación Laboral da Construción para diseñar este curso solicitado por algúns socios do Cluster.
Este curso vai dirixido a traballadores en activo, e trata de responder a unha necesidade trasladada por algunhas empresas fabricantes de revestimentos, co obxectivo de dar confiabilidade ao produto final a través dunha correcta instalación.
30 outubro 2018
O Cluster da Madeira en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), e a petición dalgunhas empresas asociadas, deseña e promove un Curso de Técnicas de Estatística Básica de Análise de Datos.
O CMD agrupa a empresas e axentes vinculados a toda a cadea de valor da madeira, incluíndo empresas relacionadas coa explotación madeireira, serradoiros, empresas de chapa e cartón, empresas de celulosa, papel, carpinterías e mobles, canle Contract, empresas de servizos, centros tecnolóxicos, enxeñaría e universidades. .
O volume de facturación das empresas asociadas ao CMD representa máis do 90% da facturación total do sector.
Se estás interesado en formar parte do Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, convidámoste a cubrir o seguinte formulario. O Equipo CMD valorará a solicitude e porase en contacto contigo no correo electrónico de contacto indicado. Para calquera aclaración estamos dispoñibles en info@clustermadeira.com ou no teléfono 981 937 261 .