
O conxunto do sector forestal galego, coa participación dunha vintena de asociacións e entidades que representan a toda a cadea da madeira, celebra mañá conxuntamente o Día Internacional dos Bosques nunha xornada que se desenvolverá en Boqueixón (A Coruña). O acto inclúe divesas ponencias técnicas e mesas redondas para reflexionar sobre as perspectivas de futuro do monte galego, no marco da xestión sostible e da bioeconomía.
O programa das ponencias e mesas redondas, que se desenvolverán de 9.30 a 13 horas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), detállanse a continuación. A actividade concluirá coa inauguración dun monte demostrativo no Pico Sacro, en Lestedo (Boqueixón), a partir das 13.15 horas.
9:30 h – Bosques galegos no camiño do progreso.
Apertura: Manuel Fernández Munín. Alcalde de Boqueixón
Moderador: José Ignacio Lema Piñeiro. Director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal.
– Indicadores ambientais da silvicultura. Juan Rodríguez Fernández-Arroyo. Director xeral do Centro Tecnolóxico EnergyLab.
– Estimación da absorción de CO2 e da produción de madeira. Ulises Diéguez Aranda. Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela.
A xestión sostible do monte e o artellamento coa industria forestal.
– Francisco Dans del Valle. Director da Asociación Forestal de Galicia.
– Marcos Estévez Malvar. Xestor de proxectos de FSC España.
– Víctor Torrado Ares. Director forestal de Finsa.
11:30 h Pausa
11:45 h Os bosques galegos no século da bioeconomía.
Moderador: Antonio Abril Abadín. Secretario xeral de Inditex S.A.
– Enrique Sáez Ponte. Presidente da Fundación Juana de Vega
– Rosa Calvo de Anta. Catedrática de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
– José Manuel Iglesias Vilas. Presidente do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia
– Francisco Fernández de Ana Magán. Presidente asemblea da Unión de Silvicultores do Sur de Europa.
13:15 h Inauguración do Monte demostrativo do Pico Sacro. Percorrido polo monte demostrativo e plantación de árbores en Lestedo, Boqueixón, coa participación do director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto.
14:15 h Aperitivo no Centro de Interpretación do Pico Sacro. Lestedo. Boqueixón.
Punto de encontro da inauguración do Monte Demostrativo Pico Sacro. AQUÍ
En Xenebra tamén se celebra o Día Internacional dos Bosques
O director da EE Forestal, da Universidade de Vigo, Juan Picos, participou na celebración que se realizou na sede da ONU, en Xenebra, baixo o lema Forests and Sustainable Cities. Picos asistiu como un dos 40 expertos de Europa, Asia, América e Oceanía que integran o grupo de especialistas Perspectivas do sector forestal, un dos equipos de expertos impulsados pola FAO, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura.