A cadea de valor da madeira distribúe nos 1.400 colexios públicos de Galicia e nas 350 bibliotecas públicas da comunidade o libro Os Bolechas fan cousas de madeira, publicado pola editorial Bolanda, coa finalidade de concienciar aos nenos da importancia que ten o coidado da nosa contorna para poder desfrutar de todos os produtos derivados do monte, dos obxectos que se fan en madeira, así como familiarizarlles coas diferentes especies de árbores que existen en Galicia. Esta iniciativa está financiada pola Axencia Galega da Industria Forestal.