Compra do Noso trata de potenciar os nosos servizos, as nosas industrias, o turismo e os comercios de proximidade para preservar o mantemento de miles de postos de traballos e garantir un futuro próspero para a nosa comunidade. Por iso, queremos compartir este manifesto que promove un consumo responsable por parte da nosa comunidade porque:
- Cando consumimos o local estamos a axudar á sustentabilidade económica, social e ambiental
- Economicamente, porque as empresas locais pagan os impostos na comunidade axudando a financiar as infraestruturas e os servizos públicos
- Socialmente, porque as nosas empresas xeran emprego local, axudan á contratación de miles de persoas
- Ambientalmente, porque apostan pola calidade e o servizo e aforran emisións de CO2 no transporte
- As nosas empresas axudan a manter os oficios tradicionais
- O noso produto e o comercio local aposta por poñer en valor a calidade e aposta polo deseño
- As nosas empresas, o noso comercio, o noso turismo e a nosa industria ofrecen calidade, proximidade e atención personalizada
- O comercio de Galicia comprométese a facer as mellores prácticas, os mellores estándares para garantir a todos os consumidores que se acheguen, a súa seguridade
- As institucións deben ser o escaparate das capacidades galegas. Estamos nun lugar periférico con complexo de inferioridade… debemos valorar o noso, ás nosas empresas, tal e cómo o fan fóra de Galicia
- Apostar polo consumo local é o mellor xeito de facer país, de reactivar a economía e de potenciar o emprego
- A maneira de avanzar, de superar esta crise, de recuperar a economía das nosas cidades, da nosa comunidade, é comprar do noso
- Axuda á túa comunidade, consumindo produtos locais, consumindo no comercio local
ORGANIZACIÓNS ADHERIDAS
- Confederación de Empresarios de A Coruña
- Confederación de Empresarios de Lugo
- Confederación de Empresarios de Ourense
- Confederación de Empresarios de Galicia
- Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
- Executivas de Galicia
- DIRCOM Galicia
- Asociación de Empresarios del Polígono del Tambre
- Asociación de Empresarios de la Mediana y Pequeña Empresa (AEMPE)
- Cluster Audiovisual Galego
- Cluster da Comunicación de Galicia
- Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia
- Creatividade Galega
- Markea-Asociación de Marketing de Galicia
- Asociación Cluster del Naval Gallego
- Cluster Galego Tecnolóxcio Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA)
- Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (ASIME)
- Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados (ANFACO)
- Asociación Gallega de Fabricantes de Alimentos Compuestos (AGAFAC)
- D.O. Monterrey
- D.O. Valdeorras
- Seistag
- Gefico
- Galopín Playgrounds
- Cetusglobal
- Galicia Business School
- CESUGA
- Fundación Venancio Salcines
- Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Maderas de Galicia (FEARMAGA)
- CERNA Ingeniería
- Cafés Lúa
▶ SÚMOME AO MANIFESTO