O CMD organiza unhas Xornadas de Divulgación do Aserrado Móbil

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza unhas Xornadas de Divulgación do Aserrado Móbil en colaboración co IES de Ortigueira, a Escola de Enxeñería Forestal da UVIGO, o CIFP A Xunqueira de Pontevedra, a Escola de Capataces Forestais  de Lourizán, Logosol e a Mancomunidade de Montes de Pontevedra.

O obxectivo é sensibilizar e divulgar entre os emprendedores e os empresarios a actividade de aserrado da madeira como unha oportunidade de autoemprego e de mellora do aproveitamenteo de madeira de calidade mediante o uso de serradoiros móbiles.

Os asistentes terán a oportunidade de coñecer os distintos equipos, prestacións, rendementos, casos de uso, á vez que poderán aserrar e realizar proxectos reais de uso final.

As xornadas terán lugar o día 19 de novembro na Escola de Enxeñería Forestal da UVIGO, o 20 de novembro na Escola de Capataces de Lourizán e o 21 de Novembro no IES de Ortigueira, será en horario de mañá e de tarde.

A asistencia a estas Xornadas é gratuíta. Para poder participar nestas Xornadas gratuítas, é necesario enviar o boletín de inscrición a info@clustermadeira.com, antes del 15 de novembro.

CONSULTAR PROGRAMA

INSCRICIÓN