28
octubre

O próximo 13 de novembro, no Gran Hotel los Abetos, o CMD celebrará un seminario para saber como afrontar o relevo na empresa familiar. Impartido por José Vales e José Antonio Madriñán, asesores senior de Vales Asociados, o curso abordará os riscos da supervivencia da empresa familia e como afrontalos; os aspectos fiscais para a planificación da sucesión e transmisión de empresas; os instrumentos xurídicos para plafniciar a sucesión e transmisión de empresas; e contará cun caso práctico grupal sobre sucesión na empresa familiar.
FORMACIÓN IMPARTIDA POR ASESORES SENIOR DE VALES ASOCIADOS
JOSÉ VALES-SOCIO DIRECTOR
- Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña
- Profesor mercantil, auditor de contas, avogado e asesor fiscal, membro da Asociación Española de Asesores Fiscais e profesor en diferentes Másters e Postgrados de índole tributaria e financeira
JOSÉ ANTONIO MADRIÑÁN
- Licenciado en Dereito e diplomatura en ciencias empresariais pola Universidade Pontificia de Comillas (ICADE, E-1)
- Inspector de Facenda do Estado coa dobre especialidade: Financeira e Tributaria e Aduanas e Impostos Especiais. Actualmente de excedencia voluntaria
- Avogado e asesor fiscal. Profesor en diversos Másters e Postgrados relacionados co Dereito Tributario
- Colaborador de revistas especializadas e prensa escrita con artigos relativos a materias de ámbito tributario
O seminario está organizado coa colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal.