21
octubre

– O CMD organiza o próximo 8 de novembro, no edificio Cinc, da Cidade da Cultura, as X Xornadas de Arquitectura e Deseño
– Pretende ser un encontro para a reflexión, o intercambio e a xeración de novas ideas
O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza o próximo 8 de novembro, no edificio Cinc, da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, as X XORNADAS DE ARQUITECTURA E DESEÑO, en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal, XERA. O deseño ten unha influencia decisiva no desenvolvemento de produtos, servizos e contornas mellor adaptados ás necesidades e preferencias dos usuarios.
Trátase dun encontro para a reflexión, o intercambio e a xeración de ideas.

Na xornada de tarde, celebraremos un coloquio entre todos os participantes para dialogar sobre as inquedanzas de todos os axentes que conforman o sector, co gallo de poder compartir sinerxias, coñecementos e posibles colaboracións. O arquitecto José Ángel Carreira Montes será o encargado de dinamizar esta charla que será un
diálogo de ti a ti.
Por cuestións loxísticas é fundamental inscribirse. O prazo remata o vindeiro 5 de novembro.