O CMD lanza un curso de Técnicas de Estatística Básica de Análise de Datos

O Cluster da Madeira en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), e a petición dalgunhas empresas asociadas, deseña e promove un Curso de Técnicas  de Estatística Básica de Análise de Datos.

O obxectivo do curso é dotar aos asistentes de ferramentas básicas que lle permitan abordar os procesos de análise de datos, Big Data, series temporais, incidencias, etc.

Ao igual que para iniciar a apertura dun novo mercado é necesario coñecer o idioma do país obxectivo, tamén para levar a cabo procesos de análise Big Data xurde a necesidade de manexar unha serie de principios básicos.

Este curso ten unha duración de 15 horas que se impartirá os días 6, 13, 16 e 22 de Novembro na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

Para poder apuntarse é necesario enviar o boletín de inscrición a info@clustermadeira.com, antes do 5 de Novembro.

Consultar Programa e Boletín inscrición