
O CMD estivo a traballar xunto coa Fundación Laboral da Construción para diseñar este curso solicitado por algúns socios do Cluster.
Este curso vai dirixido a traballadores en activo, e trata de responder a unha necesidade trasladada por algunhas empresas fabricantes de revestimentos, co obxectivo de dar confiabilidade ao produto final a través dunha correcta instalación.
Trátase dun curso práctico que comezará con pavimentos de madeira e que pode extrapolarse a outros elementos de carpintería, que pretende servir de ferramenta de actualización para carpinteiros e instaladores en activo.
O curso desenvolverase nas novas instalación da Fundación Laboral da Construción en Santiago, do 9 ao 30 de novembro os venres pola tarde e os sábados pola mañá.