2
noviembre

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, grazas á colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal e o Instituto Galego de Promoción Económica, as VI Xornadas de Rehabilitación, MáisMadeira. Debido á situación excepcional que estamos a vivir, a edición deste ano celebrarase de maneira online, a través da plataforma Zoom (enviaraze link ás persoas inscritas).
O obxectivo destas Xornadas é poñer en común os retos aos que se enfronta a rehabilitación en madeira e coñecer as particularidades que presenta este material a través das experiencias de recoñecidos profesionais neste eido. Abrirase unha mesa de diálogo entre os relatores que será moderada pola secretaria do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Elvira Carregado.